miércoles, 20 de mayo de 2020

3º A NATURAIS

Bo día!

Despois de traballar o tema dos animais, imos comezar o repaso dos diferentes temas que traballamos ao longo deste curso. Por un lado repasaremos os contidos que xa coñecemos e ampliaremos un pouco máis os coñecementos de cada un dos temas.

Se vos lembrades o primeiro tema do curso foi o corpo humano, nel traballamos as diferentes partes do corpo, as funcións vitais dos seres vivos, as etapas da vida, os aparatos e órgano do corpo e os sentidos. Podedes botarlle un vistazo ao tema 1 para refrescar estes contidos.

As actividades que vos traio son xogos interactivos para repasar todo o que traballamos. Algunhas cousas son novas, non vos preocupedes se non as sabedes, podedes pedir axuda aos vosos pais ou se non podedes darlle a resolver a actividade e xa vos sairá a resposta correcta.

 A primeira das actividades é un sinxelo xogo no que temos que unir as imaxes cos nomes das diferentes partes do corpo. Tedes un minuto para rematar a actividade, cal será o voso récord?

https://www.cerebriti.com/juegos-de-ciencias/jugando-con-las-partes-del-cuerpo#.W-qBLJNKiM8

A seguinte actividade, é un xogo interactivo no que traballaremos os músculos, articulacións, osos, as funcións vitais... Tedes que ir pinchando en cada unha delas e vos sairán diferentes recursos como explicacións, vídeos, xogos...para traballar cada un dos contidos. É un recurso que atopei na rede que nos pode servir para coñecer un pouco máis os contidos traballados dunha forma máis lúdica.

Espero que vos gusten as actividades desta semana, un saúdo e moito ánimo!


No hay comentarios:

Publicar un comentario