miércoles, 3 de junio de 2020

3ºA NATURAIS, UNHA RECETA SAUDABLE

Bo día!

Hoxe vos traemos unha receta saudable para seguir repasando o tema da alimentación.
A moitos de nós seguro que nos gustan os xeados, de chocolate, vainilla, nata, caramelo... ummm que ganas dun! Pero sabedes que tamén os podemos facer nós na casa e aínda por riba saudable? 

O outro día navegando pola rede atopei esta receta que me animei a facer e probar na casa, e a verdade é que me gustou moito. Vouvos explicar paso a paso como temos que facer este xeado, comentádello aos vosos pais e animádevos a facela!

INGREDIENTES:

- 2 plátanos.
- Framboesas ou amorodos.
- Noces, abelás, anacardos ou outro froito seco.

PASOS A SEGUIR: 

1- Cortar os plátanos en pequenos anacos e botar nun recipiente. Tamén lavamos as framboesas ou os amorodos e os botamos xunto aos plátanos.


2- Conxelamos os plátanos e as framboesas durante unhas 6-8 horas. Ao sacar do conxelador  estarán duros como pedras.


3- Agora necesitades a axuda dos vosos pais. Cunha batidora (a poder ser bastante potente) ou se tedes a Termomix ou algo similar, imos botar a froita xeada noutro recipiente e empezar a batela ata que esté espesiña. 



4- Cunha culler collemos o xeado e o botamos nun vaso ou taza. Un consello, aproveitade o xeado que vos queda na batidora. 


5- Xa case rematamos, agora só nos queda decorar un pouco o xeado, eu boteille noces pero podedes elixir calquera froito seco (abelás, anacardos, pistachos...) ou outra froita que vos guste.

6-  O último paso sabedes cal é? Coller un culler e comelo todiño! Espero que vos guste.




Como vedes é unha receta sinxela de facer e unha boa maneira de refrescarse de forma saudable. 
Se vos animades a probala, mandade probas das vosas destrezas de chef ao seguinte correo: andres.pazos@edu.xunta.es

Saúdos!







miércoles, 27 de mayo de 2020

3º A NATURAIS

Bo día!

Hoxe vos traio unha actividade para repasar o tema da alimentación. Recordade a importancia de levar unha dieta equilibrada, comer moita froita e verdura e non abusar dos alimentos que conteñan moitas graxas non saudables e azucres. Ademais da alimentación para continuar crecendo sans e saudables, o exercicio físico é moi importante, así que tampouco vos esquezades de xogar e mover o voso corpo.

Na actividade teredes que resolver un crucigrama cos contidos que traballamos no tema da alimentación, botádelle un ollo o tema 2 para refrescar cales eran os nutrientes, grupos de alimentos, a pirámide alimentaria..., e cando vos vexades preparados comezade a actividade!

Moito ánimo chic@s!!!


miércoles, 20 de mayo de 2020

3º B

Proposta de tarefas para o alumnado de 3º B




3º A NATURAIS

Bo día!

Despois de traballar o tema dos animais, imos comezar o repaso dos diferentes temas que traballamos ao longo deste curso. Por un lado repasaremos os contidos que xa coñecemos e ampliaremos un pouco máis os coñecementos de cada un dos temas.

Se vos lembrades o primeiro tema do curso foi o corpo humano, nel traballamos as diferentes partes do corpo, as funcións vitais dos seres vivos, as etapas da vida, os aparatos e órgano do corpo e os sentidos. Podedes botarlle un vistazo ao tema 1 para refrescar estes contidos.

As actividades que vos traio son xogos interactivos para repasar todo o que traballamos. Algunhas cousas son novas, non vos preocupedes se non as sabedes, podedes pedir axuda aos vosos pais ou se non podedes darlle a resolver a actividade e xa vos sairá a resposta correcta.

 A primeira das actividades é un sinxelo xogo no que temos que unir as imaxes cos nomes das diferentes partes do corpo. Tedes un minuto para rematar a actividade, cal será o voso récord?

https://www.cerebriti.com/juegos-de-ciencias/jugando-con-las-partes-del-cuerpo#.W-qBLJNKiM8

A seguinte actividade, é un xogo interactivo no que traballaremos os músculos, articulacións, osos, as funcións vitais... Tedes que ir pinchando en cada unha delas e vos sairán diferentes recursos como explicacións, vídeos, xogos...para traballar cada un dos contidos. É un recurso que atopei na rede que nos pode servir para coñecer un pouco máis os contidos traballados dunha forma máis lúdica.

Espero que vos gusten as actividades desta semana, un saúdo e moito ánimo!


miércoles, 13 de mayo de 2020

3º A NATURAIS


Bo día!

Como van eses ánimos? Esperemos que un pouquiño mellor agora que podemos saír á rúa, dar paseos, xogar, reunirnos coa nosa familia...Recordade sempre respetar as normas de hixiene e coidado que nos indican as autoridades sanitarias.

Esta semana traévos información sobre os animais en perigo de extinción. Existen moitas especies que se encontran ameazadas e teñen problemas para a súa supervivencia. Nalgúns casos polas accións do ser humano, outros polos depredadores, polas dificultades para a súa reprodución...

Na seguinte actividade interactiva podedes ver cales son algunhas das especies que se encontran en perigo no noso país. Pinchando no nome de cada unha delas, sairavos unha ventá con información sobre esa especie. Tamén podedes ver un pequeno vídeo no símbolo vermello, enlaza cun vídeo na rede.

Sabedes se hai algunha especie en perigo de extinción en Galicia? Podedes facer unha búsqueda na rede coa axuda dos vosos pais ou irmáns e comentar esta mesma publicación ou mandar un correo a andres.pazos@edu.xunta.es coas vosas respostas.

Un saúdo e moito ánimo!










miércoles, 6 de mayo de 2020

3º A NATURAIS

Bo día!

Nesta semana imos traballar o coidado dos animais. Todos estamos pensando nas nosas mascotas e nos animais domésticos non? Pois tamén existen outros animais que viven soltos na natureza, os animais salvaxes, e tamén requiren uns coidados. Para coñecelos lede as páxinas 72 e 73 do voso libro.

Algúns de vós seguro que xa coñecedes o Parque da natureza de Cabárceno, nel habitan distintas especies de animais en semiliberdade. Para a xente que non o coñeza, na súa páxina web podedes realizar unha visita virtual ao parque.

http://descargas.turismodecantabria.com/visitasVirtuales/CABARCENO/HD/HD.html

E vós? Que mascotas tedes nas vosas casas? Comentade esta publicación indicando que animal tedes, cal é o seu nome, algunha anécdota graciosa que vos ocurrira con el...