Poemas do outono.
OUTONO. Chegou o outono secan as follas, sopra o vento e as follas caen nun momento. E como fai frío encendo a chimenea, o calor do lume faime sentir ben. Vou a hora e de castañas encho o cesto.
Vou ó campo e un castiñeiro planto. Vou de paseo e de setas elixo. O outono chegou empeza a chover. O outono chegou e castañas comerei. O outono chegou que máis podo contar? Uxía Paz Caamaño. OUTONO. No outono caen as follas. No outono hai castañas. No outono imos as setas. No outono mazás apañas. No outono camiñas polo monte. No outono imos a escola. No outono xa vai frío. No outono xogar mola!. Mateo Trillo Fandiño OUTONO. E o outono, os paxaros se van, o día e máis curto, o frío empeza xa. E o outono, as follas caen xa e un alfombra o chan cubrirá. E o outono, crecen as setas, comemos uvas e castañas que ricas están! Bistra Vasileva OUTONO. Cando chega o outono as árbores xa non teñen follas e tristes están. Nos campos xa non hai flores e nos bosque chove pero non tanto como en decembro. Cando chega o outono as árbores xa non teñen follas e tristes están. Os campos teñen todo tinguido de cor marrón, e as flores morren. Cando chega o outono as árbores xa non teñen follas e tristes están. En outono os paxaron voan dun lado a outro, e castañas comerei e encima das follas saltarei. Miriam Sierra Lago. OUTONO. O outono xa chegou, as castañas recollerán pronto o samaín chegará. xa a cabaza preparando estou O óso fará a súa casa, todo o inverno durmindo o pasa, as golondrinas xa non están, na primavera voltarán. Nicolás Filloy Montesino OUTONO. O outono xa chegou ocres, amarelos e marróns tinguen de cores a estación. As castañas enchen os cestos, e os cogumelos están listos para comelos. Lois Fraga Díaz OUTONO. Outono de Galicia frío e seco está, caen as follas noite e día, que ben estou no sofá. Outono de Galicia, frío e seco está, chega o frío despois do verán, na praia non me podo bañar. Os nenos estudian e aprobarán no colexio de tarde e mañán. Carla Ferrío Insua. OUTONO. Xa chegou o outono as árbores tristes están porque as súas follas caen xa. Xa chegou o outono, inda non vai a marchar non importa se ti queres tres meses faltarán. Xa chegou o outono aínda non sei se hai que abrigar pero por si acaso roupa abrigadiña non estaría mal. Claudia Fernández Vilela. OUTONO. Outono amarelo, outono marrón. No outono caen as follas marróns e amarelas Que bonito estáa todo! Miguel Ángel Iglesias García. OUTONO. Outono chuvioso, que ca auga que traes fas que sempre medre a herba dos prados do meu lugar. Outono chuvioso, que co teu vento fas que as follas das árbores caian das súas polas. Outono chuvioso, que cas túas nubes non deixas que os raios de sol pasen sentíndonos un pouco tristes. Xela Río Salgado. OUTONO. Outono chuvioso, que co teu vago espertar tingues de oscuros cores prados e bosques do meu lugar. Outono chuvioso, que co teu vago espertar fas que os castiñeiros se volvan os máis fermosos do lugar. Outono chuvioso, que co teu vago espertar fas que os camiños, leiras e árbores se volvan a enlamar. Daniel Lago González. OUTONO. Outono, outoniño, caen as follas dos arboriños e fan unha alfombra no meu camiño. Pintas de cores os montes os prados e os camiños, cando vou pola miña aldea camiñando paseniño. Manuel Iglesias Pérez. OUTONO. Chegou o outono no mes de setembro e as follas das árbores van caendo. Os días acúrtanse o sol vaise antes e os nenos na rúa non están ata tan tarde. O frío se achega, poñemos máis roupa e a calor da lareira a familia se atopa. Ana Fernández de Larrinoa Quintela
OUTONO.
Outono bonito
folliñas no chan.
Castañas asadas
que ricas están.
Carla Mercedes González López.
felicidades chicos de tercero A,...
ResponderEliminarMoitas grazas, Sra. Ana Isabel, de parte da clase de 3º A
Eliminar