miércoles, 29 de abril de 2020

3ºA NATURAIS

Bo día:

Estamos un pouco máis animados? Agora xa podedes saír a dar pequenos paseos cos vosos pais, estamos avanzando e en pouco tempo poderemos ir retomando aquelas cousas que tanto nos gustaban facer, moito ánimo!

Esta semana imos seguir traballando os animais, semana pasada víamos a función de nutrición e nesta imos ver as outras dúas funcións vitais: a función de reprodución e a función de relación. Lede as páxinas do libro (68 a 71) para coñecer como se reproducen e se relacionan os animais.

Despois para que non vos queden dúbidas e aumentar un pouco os coñecementos podedes ver o seguinte vídeo.




E xa para terminar déixovos un video sobre os efectos do confinamento no planeta e a súa relación cos animais. En moitos lugares os animais están tomando as cidades e pobos, desprazándose por lugares nos que antes había tráfico e persoas. Así podemos ver imaxes moi curiosas como as que aparecen neste vídeo.

Que vos parece? Podedes deixar as vosas opinións e comentarios nesta mesma publicación. Animádesvos a participar?




1 comentario:

  1. Los humanos le robamos su sitio y ahora lo recuperan, son muy listos. Brais Garcia 3A

    ResponderEliminar