Bo día:
Imos empezar a coñecer un pouco máis aos animais, de que se alimentan, a súa reprodución, como se relacionan...
Na actividade desta semana imos xogar ao xogo de Pasapalabra pero na súa versión animal. Antes de comenzar o xogo, tedes que ler a información que aparece no libro sobre a función de nutrición (páxinas 64 a 67) e despois ya estades preparados para completar o rosco.
A ver quen é capaz de completar a actividade sen ningún fallo!
Outra proposta para traballar estes días na casa, ofrécenola o servizo de Educación da Cidade da Cultura. No seguinte ligazón propón unha serie de retos e pescudas relacionadas ca natureza e o medio ambiente.
https://www.cidadedacultura.gal/gl/system/files/downloads/2020/04/fedella_bosque_1.pdf
Moito ánimo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario