lunes, 8 de abril de 2019

"Don Ramón" de Magín Blanco


DON RAMÓN (Magín Blanco) 



Don Ramón sentado no sillón

agardaba que saíse o sol,

como o sol aínda non chegara

díxolle ao galo que o chamara.



Kikirikí ki ki kikirikí,

tes que saír, tes que saír, tes que saír.

Kikirikí ki ki kikirikí,

vir ata aquí, vir ata aquí, vir ata aquí.



Don Ramón sentado no sillón

botaba unha cabezadiña,

soñaba que era un peixe moi grandón

que andaba a nadar pola mariña.



Gluglú gluglú guguruglú,

son un atún, son un atún, son un atún.

Gluglú gluglú guguruglú,

no mar azul, no mar azul, no mar azul.



Don Ramón non era estrafalario,

nin tampouco un ser extraordinario,

pero sí era moi necesario,

Don Ramón era bibliotecario.



Don Ramón sentado no sillón

viu pasar un gato con tres patas,

tanto chamou a súa atención

que lle puso comida nunha lata.



Miaumiau miaumiau miarramiamiau,

leite callado, leite callado, leite callado.

Miaumiau miaumiau miarramiamiau,

con bacallao, con bacallao, con bacallao.



Don Ramón sentado no sillón

tiña todo moi ordenadiño,

poesía e ciencia-ficción,

xeografía e mundo submariño.



Ai sí, ai sí, que sí que sí,

ti vas aquí, e ti aquí e ti aquí.

Pon pón, pon pon, poropopón,

pode que sí, pode que sí, pode que non.



Don Ramón sabía o abecedario,

e gardaba as flores nun herbario.

Coma un parrulo perdido nun acuario

deambulaba por aquel esceario.



Cuá cuá cuá cuá cuá cuaracacuá

Cuá cuá cuá cuá cuá cuaracacuá cuá...



Magín Blanco: guitarra e voz

Jorge Juncal: acordeón e percusión

Guille Fernández: baixo

No hay comentarios:

Publicar un comentario