jueves, 9 de mayo de 2013

O tesouro, por Lucía Casais Sambade

   O TESOURO
 Nun mapa está debuxada,
unha secreta entrada,
oxalá encontrara o tesouro,
estaría cheo de ouro.

 Un día armeime de valor
fun buscar o tesouro,
estaba moi nerviosa
e era un pouco avariciosa.

  Había moitísimas pedras,
non paraba de tropezar
estaba moi, moi escuro,
e coas hedras non paraba de enredar.

  Estaba na cova do tesouro
empecei a correr, xa o tiña!
pero apareceu un pirata,
pero a vitoria xa era miña!

  Vencín ao pirata,
con só pestanexar,
xa tiña o tesouro,
era rica, que ben!
pois o tesouro, estaba cheo de ouro.
   LUCÍA CASAIS SAMBADE

No hay comentarios:

Publicar un comentario